Exposición de escultura _ Napalmadaman

Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Desta vez abrimos as portas para marabillarnos, en vivo e en directo, co traballo Juan.  Como moitos e moitas sabedes, é un compromiso compartido entre as moitas marcas deste colectivo, reducir a cantidade de lixo que desbotamos para coidar o planeta que nos acolle e deixar a menor pegada ... Ler máis

Exposición de fotografía e ilustración _ Casal de Creación

GALIZA PROFUNDA é unha exposición colectiva que vai facer pousada, entre outros moitos sitios, no Mercado Galego da Creatividade. Unha ollada á realidade do rural galego a través da ilustración e fotografía contemporáneas. Aquí deixamos a presentación que elas mesmas nos achegan: A visión do rural galego brinca ás veces entre as imaxes certamente idealizadas ... Ler máis

Exposición de pintura _ Pincelada de hada

'TEMPO' é o nome baixo o cal imos ter, no Mercado Galego da Creatividade, a nova colección de obras de Maite Fajardo. Con que nos vai sorprender esta creativa desta vez? Deixámosvos aquí un avance do que ela mesma nos conta: Pintar a tempo, no  tempo e con tempo. Pintar… respectando o meu tempo. Sempre ... Ler máis

Exposición de produtos estampados artesanalmente _ amorote printing workshop

Abrimos de novo o noso espazo de talleres e exposicións para acoller a obra de amorote printing work shop. Detrás desta firma está a nosa compañeira Sandra de Rego, unha profesional do deseño gráfico que se atopou coas técnicas de estampación e xa nunca mais as deixou. "Ola! Eu son Sandra e amorote é un taller ... Ler máis

Exposición colectiva _ Rosalía de Castro

Neste 23 de febreiro de 2023 queremos mencionar a unha das nosas grandes referentes do pobo galego, María Rosalía Rita de Castro, ou como é coñecida, Rosalía de Castro (1837 - 1885). Unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego. Unha figura feminina que alzou a voz e foi escoitada nun eido no que só se ... Ler máis

Exposición de fotografía transferida á madeira _ Madeira Zombi

Fai tres anos que Ruth Beltrán creou o seu proxecto Madeira Zombi. Fotógrafa de profesión, decidiu darlle un xiro ao soporte sobre o que mostrar a súa obra. As pezas de madeira desbotadas polo mar pensou que eran un soporte que casaba moi ben coa súa fotografía. Así comezou a andaina de Madeira Zombi. Ruth ... Ler máis

Exposición de xoiaría con traballo en directo _ Soledad Mato

Abrimos as portas dunha nova exposición, a da nosa compañeira Soledad Mato.  Soledad é unha xoieira con gran traxectoria no mercado e cuxas pezas se caracterizan, como vos contamos noutras ocasións, pola combinación dos marabillosos minerais que a natureza nos proporciona coa prata que ela mesma traballa de xeito totalmente artesanal, peza a peza. Por ... Ler máis

Exposición de pintura _ Celia Pía

Anunciamos a nova exposición que temos aberta no Mercado Galego da Creatividade! Celia Pía é a artista que nos abre as portas para ensinarnos a súa colección de obras. Co interese posto de cheo na vida e no ser humano, Celia explora coa súa paleta de cores paisaxes próximas e alleas. Esta artista incansable e conciliadora ... Ler máis

Exposición de pintura _ María Feijoo

Baixo o título ‘A pintura é a miña linguaxe’, María Feijóo amosa a súa colección de obras. Esta creativa emprega a pintura como medio de comunicación e o pincel como ferramenta de expresión. Ao son do seu trazo, sobre lenzo, seda ou algodón, María expresa en cada pincelada, unha emoción. Pinto de maneira intuitiva. Case ... Ler máis

Exposición de pintura _ Cuire acuarelas

Abrimos as portas a unha nova exposición de arte. A persoa que nos convida a coñecer a súa colección de obras é Sandra Cuiña. Sandra ensina todo o seu traballo baixo a marca de Cuire acuarelas e así nos relata a súa traxectoria e as motivacións que a levaron a refuxiarse no universo da pintura: ... Ler máis

Exposición de obras de arte plástica _ Espantalla arte plástica

Abrimos as portas para presentarvos unha nova exposición. A protagonista desta colección de obras é a nosa compañeira Mónica García. Nos escasos momentos libres que lle deixa a súa carreira de actriz, Mónica fai pezas únicas, á man, moitas delas baseándose nas técnicas da cestería tradicional e creadas a partir de plástico reutilizado. O ano ... Ler máis

Exposición de pintura ao óleo, e algo mais _ El Escaparate de Bea

Coa crise de 2008, Beatriz quedou sen traballo. Un día, ordenando na casa, descubriu, no fondo dun caixón, o diario que lle regalou a súa avoa cando cumpriu os 8 anos. Abriu o tesouro e leu na primeira páxina: “Me llamo Beatriz Fraguas  y de mayor quiero ser pintora”. Lembrouse entón, de cal era a ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando