loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición colectiva _ Rosalía de Castro

Febreiro 23, 2023

Neste 23 de febreiro de 2023 queremos mencionar a unha das nosas grandes referentes do pobo galego, María Rosalía Rita de Castro, ou como é coñecida, Rosalía de Castro (1837 – 1885).

Unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego. Unha figura feminina que alzou a voz e foi escoitada nun eido no que só se escoitaban as voces dos homes intelectuais do momento.

Casada en 1858 con Manuel Murguía e sendo escritores e poetas os dous, tendo en conta o contexto histórico no que viviron, fai pensar na forza que debía desprender ela para conseguir ter voz propia, como Rosalía de Castro, e non como a muller de Manuel Murguía.

Rosalía e Manuel tiveron 7 fillos:
• Alejandra (1859 – 1937)
• Aura (1868 – 1942)
• Gala (1871 – 1964)
• Ovidio (xemelgo de Gala, 1871 – 1900)
• Amara (1873 – 1921)
• Adriano Honorato Alejandro (1875 – 1876)
• Valentina nace morta en 1877

De Adriano, Aura e Amara, pouco nos conta a historia.

Gala foi a mais lonxeva desta casta e a que axudou a restaurar a Casa da Matanza.

Ovidio, a pesar da súa curta vida, son moitas as obras que nos deixou e toda unha carreira artística recoñecida. Debuxante e pintor de carácter independente, frecuentaba o Museo do Prado e a zona do Guadarrama para pintar o que mais lle gustaba, paisaxes ao natural.

Non correu a mesma sorte a súa irmá maior Alejandra, pois sendo profesora de Ovidio e tendo por diante unha carreira artística prometedora, é un exemplo mais desas mulleres que o talento foi agochado para converterse na coidadora da casa. Alejandra coidaba dos seus irmáns, da súa nai cando o precisou, e da casa dos seus pais, rexeitando para isto unha carreira como debuxante e unha praza como restauradora no Museo do Prado. Si, ilustrou moitas das obras que escribiu o seu pai, e publicáronse en medios referentes naquel momento, mais non están firmadas co seu nome, Alejandra Murguía, e non se coñecen, nin se lle recoñece o valor como artista.

Non podemos cambiar a historia, mais hoxe queremos lembrarnos tamén dela.

Todo isto es mais, podedes atopalo na exposición que temos dende hoxe, no Mercado Galego da Creatividade. Rosalía no centro da mesma e arroupándoa, temos obras de escritores e escritoras galegas, así como unha pequena representación de traxes da época. Todo isto ao son de poemas da autora.

Ven a vernos!

Detalles

Data:
Febreiro 23, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando