Exposición ‘IKIGAI’ _ Maite Fajardo

Abrimos as portas do Mercado Galego da Creatividade para visitar a exposición ‘IKIGAI’. Maite Fajardo é a artista detrás da marca Pincelada de Hada, e autora desta colección de pintura acrílica. A través destas obras, Maite, déixanos entrar a coñecer un pedaciño do seu rico mundo interior, da súa intimidade. A exposición leva como título ‘IKIGAI’, unha ... Ler máis

Exposición de xoiaría ‘Peixes saíndo da auga’ _ Soledad Mato

Abrimos o espazo expositivo do Mercado para acoller a obra da nosa querida compañeira, Soledad Mato. Desde o ano 1989, esta xoieira está deseñando xoias cunha personalidade propia, moi recoñecible e fiel á súa imaxe, ao mesmo tempo que evolucionando o estilo cos tempos. Esta artesá de Oroso, xa ten unha longa traxectoria de traballo ... Ler máis

Exposición de pintura ‘Mulleres transparentes’ _ Celia Pía

‘Mulleres transparentes’ é o título da nova exposición que abrimos no Mercado. ​“Laberintia, Caosífora, Aqüiralis..., son tan só os nomes dalgunhas das mulleres​ que compoñen esta serie de estampas. ​Nomes que acubillan a sustancia mesma​ da que está feita cada muller, a relación consigo mesma e co mundo no que vive. ​Transparente é aquela a ... Ler máis

Exposición ‘Artista Invitado’ _ BoSCQuexeir@s

Inauguramos unha nova exposición no Mercado e abrimos unha nova proposta no espazo: ‘Artista Invitado’. Estreamos esta iniciativa do ‘Artista Invitado’ para,  a través dela, amosar o traballo de xente creativa, que non está dentro do colectivo Creativas Galegas, e da cal nos gusta o traballo que fai. Comezan con esta nova iniciativa, o grupo ... Ler máis

Exposición de arte sobre madeira _ Taracea

A taracea é unha técnica ancestral de artesanía sobre madeira. Podemos atopar os primeiros traballos desta arte en Mesopotamia, 3000 a.C. Xurdiu como técnica de revestimento de mobles, pavimentos, paredes e para crear diferentes obxectos artísticos. Etimolóxica deriva do vocábulo árabe tarṣī que significa incrustación. E é que niso consiste esta técnica artística, na incrustación ... Ler máis

Exposición de arte téxtil _ Nobelo a nobelo

Dicía Uxío Novoneyra, nun dos seus poemas, «nobelo a nobelo faise o mantelo». A María Gaiteiro gustoulle tanto a expresión, e pareceulle que definía tan ben o seu traballo, que decidiu collela emprestada para o nome do seu proxecto, e para o título da exposición que temos aberta, desde hoxe, no Mercado Galego da Creatividade. ... Ler máis

Exposición de ‘arte enlatada’ _ Vaidelatas

Temos unha nova e orixinal exposición no Mercado. E como di o nome deste proxecto, a cousa 'vai de latas'. Araceli Blanco e Mar Castro son as creativas que están detrás desta marca: Vaidelatas. Mar e Araceli representan ideas, conceptos e escenas do mais singulares, usando como escenario para elas, latas de conserva. Crean pequenos ... Ler máis

Exposición ‘a arte de tecer’ _ Belategui Regueiro

Baixo o título de ‘A arte de tecer’,  Óscar e Luisa expoñen parte do seu traballo no Mercado Galego da Creatividade. En 1984 achegáronse por primeira vez a un tear. Foi por inquietude persoal pero gustoulles tanto, que dende entón non deixaron de profundar nesta arte e xa nunca mais se separaron dun tear. Tanto ... Ler máis

Exposición colectiva _ marcas Creativas Galegas

Temos unha nova exposición no Mercado! Esta vez trátase dunha exposición colectiva de diferentes marcas Creativas Galegas. Unha exposición mixta para a que fixemos unha selección de obras de cada unha das firmas. Dentro das pezas seleccionadas podemos atopar obra pictórica de Celia Pía, María Feijoo e Marica da Berza. Tamén encontramos as vidreiras de ... Ler máis

Exposición de escultura _ Napalmadaman

Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Desta vez abrimos as portas para marabillarnos, en vivo e en directo, co traballo Juan.  Como moitos e moitas sabedes, é un compromiso compartido entre as moitas marcas deste colectivo, reducir a cantidade de lixo que desbotamos para coidar o planeta que nos acolle e deixar a menor pegada ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando