- Este evento pasou.
Exposición ‘IKIGAI’ _ Maite Fajardo
Novembro 15, 2021 - Novembro 27, 2021
Abrimos as portas do Mercado Galego da Creatividade para visitar a exposición ‘IKIGAI’.
Maite Fajardo é a artista detrás da marca Pincelada de Hada, e autora desta colección de pintura acrílica.
A través destas obras, Maite, déixanos entrar a coñecer un pedaciño do seu rico mundo interior, da súa intimidade.
A exposición leva como título ‘IKIGAI’, unha palabra que forma parte da filosofía de larga e feliz vida dos xaponeses. Con este fermoso termo da cultura xaponesa, Maite sente que se identifica a súa obra. Fainos reflexionar sobre a importancia de identificar o que facemos ben e o que nos apaixona, sabendo que aporta algo ao mundo.
En palabras de Maite:
“Moitos e moitas pensamos (inclúome eu non hai tanto tempo) que non posuímos habilidades especiais, o que é unha crenza equivocada, xa que todos e todas temos un don natural que moitas veces queda oculto pola nosa aplastante vida de adulto, e que só poderá saír se deixamos que flúa o neno que levamos dentro. Déixovos coa miña primeira exposición, onde hai unha parte de min que nin eu mesma coñecía. Se con isto consigo emocionar a alguén, haberei acadado o meu IKIGAI.”
Título da exposición: “IKIGAI”
Autora: Maite Fajardo
Técnica da obra: acrílico sobre lenzo, papel craft, papel de aluminio e texturas con área e técnica de collage
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 15 – 27 de novembro
Non perdas a oportunidade de coñecer esta marabillosa colección de pintura e á súa protagonista.
Facebook: maite.fajardorocha
Instagram: @pinceladadehada