Somos
A FINALIDADE
Unímonos baixo o amparo dunha única marca, nunha única entidade empresarial, co fin de conseguir logros comúns como:
- Poder de negociociación grazas a unha negociación colectiva.
- Mais visibilidade e tráfico de clientes obxectivos aos nosos espazos de venda pola suma de forzas e recursos de todas as persoas do colectivo.
- Competir no mercado co noso produto artesanal fronte ao produto importado.
somos economÍa social
Somos unha entidade de economía social, unha Sociedade Cooperativa Galega sen ánimo de lucro.
Gústanos traballar de xeito horizontal e de forma solidaria.
Os nosos valores son de axuda e mellora mutua, responsabilidade e corresponsabilidade, igualdade, equidade, solidariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade e preocupación polas persoas.
As razóns
Ter un lugar único e especializado
Ter un lugar único e especializado onde a nosa clientela poida, de xeito moi sinxelo, atopar moitas marcas e persoas creativas galegas.
Coñecernos
Un espazo que facilite o contacto entre persoas creativas para poder colaborar, compartir coñecementos e crear sinerxías.
Divulgación
Un lugar onde mostrar o noso traballo en directo para divulgar os procesos creativos artesanais.
Atención ao cliente
Un sitio no que, mediante un trato directo e próximo, poidamos atender os nosos clientes, que coñezan de primeira man os produtos e servizos que ofrecemos, as profesionais que estamos detrás e a nosa filosofía de traballo.