
SOMOS UN COLECTIVO
Es unha persoa creativa?

SOMOS UN ESPAZO COLABORATIVO
Creamos sinerxías para mellorar e seguir crecendo profesionalmente

SOMOS #DESEÑOGALEGO
Apostamos por reformular e manter vivos os nosos oficios e o noso patrimonio cultural e artístico

SOMOS #FEITOÁMAN
A artesanía de calidade cocíñase a lume lento
Un colectivo
multidisciplinar
Creativas Galegas é un colectivo formado por persoas e pequenas marcas, do eido cultural galego, que crean ou deseñan en Galicia e en cuxa filosofía prima, o traballo de calidade.
Profesionais da artesanía, artistas, artes escénicas e pequenos, e selectos produtores galegos, formamos este colectivo multidisciplinar.
Unímonos baixo o lema: “…compartir para crecer!”, xa que a suma de moitas pequenas marcas fai que sexamos, no conxunto, unha marca grande, unha gran entidade.
Mercas de xeito responsable?

Produtos artesanais
de cercanía

Pezas exclusivas
feitas á man

Marcas responsables,
comercio sostible
Recén saídos do forno
-
Carteira boquilla metálica 2
0 out of 5149,00 € -
Carteira boquilla metálica 1
0 out of 5149,00 € -
Bolso Patchwork Sakita gris
0 out of 5225,00 € -
Bolso Patchwork Sakai gris claro
0 out of 5225,00 € -
Bolso Patchwork Osaka gris oscuro
0 out of 5225,00 € -
Bolso Patchwork Kioto granate
0 out of 5225,00 € -
Bolso Patchwork Sendai verde
0 out of 5256,00 € -
Bolso Patchwork Nara azul
0 out of 5256,00 €
O MERCADO

O Mercado Galego da Creatividade
O 5 de decembro de 2020, Creativas Galegas abre o seu primeiro espazo físico de venda en Santiago de Compostela. Un espazo cultural heteroxéneo, situado no casco histórico da cidade, e no que podemos atopar un amplo abano de artigos selectos e deseño artesanal galego.
Este Mercado é unha proba de que os nosos oficios, as tradicións, a nosa cultura artística e creativa están moi vivas e teñen continuidade nas novas xeracións.
As propias persoas creativas e artesás atendemos a tenda, con moito agarimo e o mellor que sabemos facelo. Ante todo queremos proporcionar un trato cercano e xerar experiencias humanas auténticas e únicas, nun lugar de paz, ou como o describen moitos dos nosos clientes, “nun lugar con alma”.
Un museo para os/as amantes do arte, con sensibilidade pola cultura e o patrimonio cultural galego. Sabemos que quen entra neste Mercado son persoas con conciencia ecolóxica e responsabilidade social, que buscan produtos locais exclusivos, especiais e de calidade.
Obras de arte orixinais sobre múltiples soportes, reproducións artísticas, mobles restaurados, produtos de edición limitada creados a partir de plásticos e outros materiais reciclado… Isto, e moito mais, no Mercado Galego da Creatividade.