loader image

Coñecendo a Belategui Regueiro

Luísa e Óscar.

Na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en San Xiao de Cela (Cambre), atopamos o obradoiro no que traballan, moi ben complementados, Luísa e Óscar. Dúas persoas de mente curiosa, que xamais acouga (por sorte para nós).

En 1986, a súa inquietude achegounos a un tear de madeira. Fascinoulles tanto ese mundo que xa non saíron del. Ao carón de moitos mestres artesáns foron traballando, investigando e afondando en proxectos individuais e colectivos.

En 2004 fundaron Belategui Regueiro, para facer desta arte apaixonante, o seu medio de vida. Belategui Regueiro son os segundos apelidos das súas nais, os que sempre se perden. Como homenaxe a elas e ás mulleres que nos educaron no respecto á contorna e no aproveitamento de materiais, crearon esta marca. Por iso, e porque baixo o apelido dunha nai sabían que se esixirían producir só pezas que as puidesen honrar.

Todo o que fan está tecido en tear de madeira, con fibras nobres e respectuosas como son o liño, a la, a alpaca ou a seda. Os tinguidos tamén son naturais, aproveitando os propios pigmentos das plantas da súa contorna.

A súa mente inqueda, RSE e innovación van mais alá, e podedes atopar entre a súa obra, bolsos tecidos no tear a partir de traxes de neopreno desbotados e tamén de fibras de caucho recuperadas das rodas de bicicleta que van ao lixo.

Consumo responsable, pezas exclusivas, materiais de calidade e traballo impecable, non é estraño que estes artesáns colaboren con firmas de alta costura.

Web: https://www.belateguiregueiro.com/brt…

Facebook: https://www.facebook.com/belateguireg…

Instagram: https://www.instagram.com/belategui_r…

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando