loader image

Coñecendo a Soledad Mato

Soledad Mato

Defínese a si mesma como xoieira de profesión e artesá de vocación.

Esta profesional da ourivaría dedicou toda a súa vida laboral, “taitantos” anos, á creación de xoias, cun estilo propio moi característico e sempre fiel a él.

Todas as súas pezas están feitas en prata, mais este metal, na maioría das súas obras, é a base que alberga e recolle ás que son as súas grandes aliadas, as pedras naturais.

Nas “imperfeccións” destas pedras está a singularidade e a exclusividade que lle confire a súa propia formación xeolóxica, para chegar aquí ata nós, coas formas e cores que nos amosan. Soledad desfruta procurando, e contando, que fai que unha pedra sexa única e exclusiva, e polo tanto, que cada xoia sexa irrepetible.

Ela di que é xoieira e artesá, e nós engadimos que é unha transmisora de historias, ademais dunha fonte reveladora de truquiños sinxelos, moi útiles, para a nosa vida cotiá.

Web: https://artesaniadegalicia.xunta.gal/…

Facebook: https://es-es.facebook.com/soledadmat…

Instagram: https://www.instagram.com/soledadmato/

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando