- Este evento pasou.
Exposición de xoiaría ‘Peixes saíndo da auga’ _ Soledad Mato
Xuño 16, 2022 @ 10:30 a.m. - Xuño 25, 2022 @ 8:30 p.m.
Abrimos o espazo expositivo do Mercado para acoller a obra da nosa querida compañeira, Soledad Mato.
Desde o ano 1989, esta xoieira está deseñando xoias cunha personalidade propia, moi recoñecible e fiel á súa imaxe, ao mesmo tempo que evolucionando o estilo cos tempos. Esta artesá de Oroso, xa ten unha longa traxectoria de traballo coas mans, orgullosa de facelo e de vivir do seu traballo.
Toda a súa xoiaría está feita con prata, pedras semipreciosas e algún complemento feito de materiais como a pel ou o coiro. As pedras son as indubidables protagonistas da súa obra, pois son as responsables de facer lucir as cores da propia natureza, na súa obra.
Soledad traballará en directo desde dentro da propia exposición e é unha oportunidade marabillosa para coñecer desde as entrañas, o proceso creativo dunha xoieira, desta xoieira, Soleda Mato.
Título da exposición: “Peixes saíndo da auga”
Técnica: xoiaría
Autora da exposición: Soledad Mato
Marca: Soledad Mato
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 16 – 25 de xuño
Instagram: @soledadmato