- Este evento pasou.
Exposición colectiva _ marcas Creativas Galegas
Outubro 6, 2022 - Outubro 15, 2022
Temos unha nova exposición no Mercado!
Esta vez trátase dunha exposición colectiva de diferentes marcas Creativas Galegas. Unha exposición mixta para a que fixemos unha selección de obras de cada unha das firmas.
Dentro das pezas seleccionadas podemos atopar obra pictórica de Celia Pía, María Feijoo e Marica da Berza. Tamén encontramos as vidreiras de Arlequina Design ou as esculturas de madeira de SonAgasallo. Como exemplo de ilustración temos na exposición os cadros de Quenindiola e seleccionamos para esta mostra os tapices de Belategui Regueiro.
Escollemos tamén pezas de téxtil que son especiais para nós. Entre esas obras selectas están as da marca Pécora, amorote, Paripepop e complementos como os de Boro.
Quixemos engadir as obras de Capixuta como exemplo de ata onde se pode chegar coa técnica da cestería.
Xa ves que temos unha ampla selección así que ven a visitarnos.
Título da exposición: “Exposición colectiva mixta”
Autoras/es: marcas Creativas Galegas
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 6 – 15 de outubro