
- Este evento pasou.
Exposición de arte sobre madeira _ Taracea
Agosto 2, 2022 - Agosto 15, 2022

A taracea é unha técnica ancestral de artesanía sobre madeira. Podemos atopar os primeiros traballos desta arte en Mesopotamia, 3000 a.C. Xurdiu como técnica de revestimento de mobles, pavimentos, paredes e para crear diferentes obxectos artísticos.
Etimolóxica deriva do vocábulo árabe tarṣī que significa incrustación. E é que niso consiste esta técnica artística, na incrustación sobre madeira de pequenas pezas, de madeira de diferentes cores e texturas ou materiais como marfil, nácar, metal… O obxectivo final é crear pezas de gran beleza artística decoradas a base de figuras xeométricas.
Esta técnica artística é a base de todo o traballo do noso compañeiro Antonio. De aí que o nome do seu proxecto e desta exposición sexa: ‘Taracea’.
Aproveitando a diversidade de cores e texturas que teñen, ou coas que se colorean lixeiramente as diferentes láminas de madeiras, Antonio elabora verdadeiras obras de arte debuxadas, en vez de con lapis e cores, cortando con coitela pequenos anacos destas láminas e dándolle forma ata conseguir debuxar o deseño que necesita.
Como se dun crebacabezas se tratase, pouco a pouco a unión destas pequenas pezas vai conformando as diferentes escenas e paisaxes dun cadro, a decoración dunha lámpada marabillosa ou dun moble exclusivo, entre outros moitos obxectos artísticos.
Coñece o gran traballo deste creativo a través desta exposición e das súas RRSS.
Título da exposición: “Taracea”
Técnica: taracea
Autor: Antonio Ameneiros
Marca: Taracea
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 2 – 15 de agosto
Instagram: @taracea.ameneiros