- Este evento pasou.
Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Espantalla
Xullo 29, 2022 @ 6:30 p.m. - 8:00 p.m.
Seguimos coas visitas guiadas dentro do ‘Roteiro Cooperativo’ e a segunda cita é este venres, día 29 de xullo.
O Escaparate Vivente preparado para esta segunda ruta vai ser o de Mónica García e a súa marca Espantalla.
Nesta visita, aparte de contarlle tamén o proxecto de Creativas Galegas, desde o seu funcionamento interno, ás persoas inscritas neste segundo roteiro, imos ver unha mostra de traballo en directo da nosa compañeira Mónica, recentemente estreada como artista plástica.
Teremos a ocasión de ver elaborar no directo, un cesto trenzado. O material empregado para facelo será plástico reutilizado que iría ao lixo. Vai facer o proceso completo de creación do cesto, comezando coas botellas aínda con etiqueta: preparación, corte, trenzado e pegado, ata, se lle dá tempo, rematar o cesto en directo.
Inscríbete na segunda visita guiada deste Roteiro e anota a data: venres, día 29 de xullo.
Onde e como te podes anotar ao roteiro? Pois nesta ligazón: https://i.gal/Roteiro
Actividade: Escaparate Vivente de creación dun cesto trenzando de plástico reutilizado
Autora: Mónica García
Marca: Espantalla
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 de xullo
Horario: 18:45 – 20:15 h
Instagram: @espantalla
Unión de Cooperativas: EspazoCoop
Concello de Santiago: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=21678&lg=gal
#SomosCoop #somoscoop #Somoscoop
Queres participar no sorteo dun lote de regalos? Faino entrando no Facebook de EspazoCoop: https://www.facebook.com/espazocoop
Coñece os proxectos de economía social desde dentro!
Esperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas.