
- Este evento pasou.
Exposición ‘a arte de tecer’ _ Belategui Regueiro
Setembro 18, 2022 - Outubro 2, 2022

Baixo o título de ‘A arte de tecer’, Óscar e Luisa expoñen parte do seu traballo no Mercado Galego da Creatividade.
En 1984 achegáronse por primeira vez a un tear. Foi por inquietude persoal pero gustoulles tanto, que dende entón non deixaron de profundar nesta arte e xa nunca mais se separaron dun tear. Tanto é así, que con eles ven un tear ao Mercado. Así que si queredes velos traballar en directo, non tedes mais que achegarvos á nosa tenda.
No ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais, pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa.
Baixo esta firma, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man, en teares de madeira, como sempre se fixo en Galicia.
Usan fibras de sempre como son o liño ou a lá, e tamén empregan materiais non tan convencionais algúns deles, para esta técnica, como son: seda, bambú, alpaca, coiro, neopreno…
Sempre empregando as técnicas artesanais que enriquecen os tecidos.
Na súa gama de traballos empregan as técnicas do tecido en teares de alto e baixo lizo, a impresión botánica, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori.
Se non coñeces o traballo de Óscar e Luisa, non deixes de visitarnos.
Título da exposición: “A arte de tecer”
Técnica: tecido en tear, impresión botánica, tinguido artesanal e shibori
Autoraes da exposición: Luisa e Óscar
Marca: Belategui Regueiro
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 de setembro – 2 de outubro
Instagram: belategui_regueiro
Facebook: Belategui Regueiro