
- Este evento pasou.
Taller O bodegón latero _ Vaidelatas
Setembro 16, 2022 @ 6:00 p.m. - 8:00 p.m.

Estamos preparando un taller no que a diversión está asegurada: crea o teu bodegón fotográfico.
Como xa che contamos, a exposición que temos agora mesmo no Mercado, é a de Mar e Araceli, dúas fotógrafas profesionais que decidiron un día crear arte dentro de latiñas de conserva.
Que todas as persoas que visitades a exposición tedes unha lata favorita é un feito, así nolo facedes saber (ou dúas, tres…, as mais indecisas).
Que a cada quen, cada escena representada nese mini-escenario, polas cores, a temática ou os materiais empregados, nos recorda e traslada a momentos do mais dispares, tamén é outra realidade.
E ti, viñeches a ver a exposición? Xa tes unha lata favorita? Se aínda non as coñeces, ven a visitarnos e trae aos mais pequenos e pequenas da casa porque temos un taller preparado para que pasen connosco un rato divertido.
Para este taller fotográfico tan só hai que elixir unha lata e deixarse atrapar polo universo desta. Que a imaxinación voe.
As nosas fotógrafas teñen o obxectivo preparado para facer un bo retrato nese bodegón.
Se tes entre 7 e 12 anos, anímate a deixar a túa pegada e levarás contigo unha foto profesional do mais orixinal.
Vémonos?
Actividade: taller de bodegón fotográfico
Autoras: Mar e Araceli
Marca: Vai de latas
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 16 de setembro
Horario: 18:00 – 20:00 h
Idades recomendadas: 7 – 12 anos
Prezo do taller: 10€. Mercar