Exposición de pintura, arte téxtil e complementos _ Marica da Berza

Presentámosvos a seguinte exposición. Poderemos atopar desde obras de arte orixinais (acrílicos sobre lenzo), pezas téxtiles pintadas á man, tapices e outros moitos obxectos atemporais que mesmo parecen saídos de baúis que foron coleccionando tesouros ao longo dos séculos. Conce Isla é a responsable desta exposición de obras acollidas baixo a marca: Marica da Berza. ... Ler máis

Exposición de pezas tecidas en tear _ Belategui Regueiro

De súpeto, un día, soou o teléfono: - Vostedes queren liño? - Sempre! - Teño catro bolsas de liño e dáme moita pena que ninguén as aproveite. Mais terían que vir a buscalas… O peor que podía pasar sería que fixésemos 100 km para atoparnos cun material que logo non puidésemos tecer (unha perda asumible), ... Ler máis

Exposición conxunta _ Studio Futakuchi

Xa sabedes que o espazo expositivo do Mercado muda, cada dúas semana, a súa imaxe, para vestirse cunha marca nova e coller toda a personalidade da mesma. A veces semella unha galería chea de obras pictóricas ou fotografías que nos convidan ao deleite e inmersión no universo que nos propón; outras veces convértese nunha verdadeira ... Ler máis

Exposición de gravados _ Noemí Moisés

Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo é a próxima artista en amosar a súa colección de gravados no espazo galería do Mercado. En calidade de ‘Artista invitada’, e baixo o título de “As que bailan”, Noemí mostra unha serie de gravados realizados con diferentes técnicas artísticas como son: punta seca, linografía, litografía e carborundo.  Son arquitecta ... Ler máis

Exposición de pezas de patchwork _ Annabel Martínez

Abrimos unha nova exposición. Nesta ocasión queremos amosarvos o traballo da nosa compañeira Annabel Martínez, cuxa marca leva o seu nome. A miña avoa enfiou o camiño das mulleres da súa descendencia e todas elas son modistas de profesión. A pesar de pertencer a esta saga e estar rodeada de teas, retallos e fíos  desde moi ... Ler máis

Exposición de deseño e impresión 3D con madeira _ Miramoura

Álex e Carmen, son as persoas que están detrás da marca Miramoura. Deseño, innovación e responsabilidade, son os adxectivos que mellor definen este proxecto. Miramoura é unha marca de produtos deseñados e producidos de xeito consciente e responsable. Fusionamos calidade, técnica e innovación, para deseñar obxectos funcionais e duradeiros que podemos empregar en tendas e ... Ler máis

Exposición de pintura _ Silvia G. Armesto

"Paisaxes e figuras" é o título que acompaña a colección de obras de Silvia G. Armesto, desde os seus inicios na Facultade de Belas Artes de Barcelona. Desde entón, Silvia suma ás súas costas unha longa traxectoria de reflexións a través da pintura figurativo-expresionista. Representando paisaxes e figuras, a artista atopou a linguaxe idónea coa ... Ler máis

Exposición de xoiaría botánica artesanal _ Malas Herbas

Malas Herbas é a marca de Miguel e Paula. Neste proxecto de xoiaría botánica artesanal, como o seu nome indica, as consideradas malas herbas, teñen un protagonismo especial. Mais, por que? As malas herbas crecen omnipresentes en todos os lugares do planeta e molesten a quen molesten, contribúen á identidade dun lugar e fano cunha ... Ler máis

Exposición de escultura de poriestireno _ Napalmadaman

Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Unha vez mais, abrimos as portas para marabillarnos, en vivo e en directo, co traballo do noso compañeiro Juan.  Xa vos contamos noutras ocasións, o compromiso deste creativo á hora de reducir a cantidade de lixo que desbotamos, coidar o planeta e conseguir deixar a menor pegada posible nel. E ... Ler máis

Exposición de pintura _ Jaqueline Elizabeth

Baixo o título de ‘Mosaicos’ expón Jaqueline a súa nova colección de acuarelas. Un conxunto de pinturas que nos nun mergulle nun microcosmos de cor e formas suxestivas e persoais. Subliña, a través das súas acuarelas, a importancia dos pequenos detalles como base imprescindible sobre a que se sustenta cada momento da vida. “Cada representación, ... Ler máis

Exposición de pintura _ Paula Lago

Inauguramos a sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade para este 2024. Cada dúas semanas coñeceremos a obra completa dun/dunha artista diferente, a súa marca, e teremos a oportunidade de velo/a como traballa en directo, as técnicas que emprega, con que ferramentas, os materiais que usa, a súa filosofía de traballo e os por ... Ler máis

Exposición de ilustración e acuarela _ EAILUSTRA

EAILUSTRA é o proxecto que iniciaron dúas irmáns pontevedresas, Eider e Aroa. Aroa é a das ideas e defínese a si mesma como unha apaixonada da natureza con tecnofobia. “Encántame separarme un intre do grupo para ver como o resto de membros interactúan, rin, falan e brincan. Eses intres fanme sentir moi feliz.” Eider é ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando