- Este evento pasou.
Exposición de pintura _ Paula Lago
Febreiro 5 - Febreiro 17
Inauguramos a sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade para este 2024.
Cada dúas semanas coñeceremos a obra completa dun/dunha artista diferente, a súa marca, e teremos a oportunidade de velo/a como traballa en directo, as técnicas que emprega, con que ferramentas, os materiais que usa, a súa filosofía de traballo e os por que das súa obra.
Inaugura Paula Lago, cunha colección de óleos sobre madeira e papel.
Nada en Atios (O Porriño), Paula licénciase en Arquitectura pola Universidade da Coruña e amplía a súa formación no campo do Debuxo Artístico e a Pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo. No 2019 establece o seu propio estudio, onde compaxina o exercicio da arquitectura co seu papel como artista plástica. A súa obra pictórica transita entre a figuración e a abstracción, salientando tanto a realidade física do corpo humano como o seu valor psicolóxico. Na exposición “Alén” presenta unha escolma dalgúns dos seus retratos máis queridos, rostros e figuras que emerxen como recordos difusos e que convidan ao ollo a procurar algo máis alá do que ve.
Título da exposición: ‘Alén’
Autora: Paula Lago
Marca: Paula Lago
Técnica: óleo sobre madeira e papel
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 5 – 17 de febreiro
Coñece e sigue o traballo de Paula:
Web: https://paulalago.com/
Facebook: Paula Lago
Instagram: @paula_lago