- Este evento pasou.
Exposición de pintura, arte téxtil e complementos _ Marica da Berza
Xullo 4, 2023 - Xullo 16, 2023
Presentámosvos a seguinte exposición. Poderemos atopar desde obras de arte orixinais (acrílicos sobre lenzo), pezas téxtiles pintadas á man, tapices e outros moitos obxectos atemporais que mesmo parecen saídos de baúis que foron coleccionando tesouros ao longo dos séculos.
Conce Isla é a responsable desta exposición de obras acollidas baixo a marca: Marica da Berza.
A través das cores e os obxectos cotiás, quere expresar as sensacións que ela mesma sente en momentos de tranquilidade, calma e a seguridade. Sensacións que aparecen ao saírmos dun ritmo propio do barullo dunha cidade para atoparnos no campo coa natureza e a vida en calma; detense o tempo, xorden multitude de aromas e cores, escóitanse as conversas do reino animal… Intres nos que Conce conecta directamente coa aldea, as vivencias nunha casa de campo e os recordos da súa infancia.
O meu desexo é, que nesta exposición, cada visitante se sinta envolto nunha atmosfera cálida, entrañable, onde as cores e os materiais trasladen a cada quen, aos seus días plenos de felicidade, paz, nos que o seu único obxectivo é contemplar, sentir, repousar e esquecerse do paso do tempo.
Non te perdas esta colección de obras!
Título da exposición: “Verán no pobo”
Técnica: pintura sobre tecidos, lenzo e outros complementos
Autora da exposición: Conce Isla
Marca: Marica da Berza
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 4 de xullo – 16 de xullo
Instagram: marica_da_berza
Facebook: Conce Isla