- Este evento pasou.
Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela
Xullo 6, 2023 - Outubro 5, 2023
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o ROTEIRO COOPERATIVO, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´na que é a súa segunda edición, dando continuidade á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos para fomentar o modelo cooperativo na comarca de Santiago.
A actividade, que se inicia o próximo 6 de xullo, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer catro cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e á economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo con proxectos viables, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo.
Estes son os roteiros aos que se poderá asistir, previa inscrición na seguinte ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo.
- Roteiro 1: xoves 6 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 2: xoves 27 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 3: martes 26 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 4: xoves 5 de outubro, de 16:00 a 19:00 h.
(As prazas son limitadas a 15 persoas por grupo).
Coñece o traballo e o potencial do cooperativismo nun roteiro por Santiago de Compostela.
As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago e a tenda de Creativas Galegas (o Mercado Galego da Creatividade).
Unión de Cooperativas: EspazoCoop
Concello de Santiago: http://www.santiagodecompostela.gal/
#SomosCoop #CooperativasGalegas
Coñece os proxectos de economía social desde dentro!
Esperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas.
Inscrición ao evento, nesta ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo.