loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de pezas tecidas en tear _ Belategui Regueiro

Xullo 18, 2023 - Xullo 30, 2023

De súpeto, un día, soou o teléfono:

– Vostedes queren liño?

– Sempre!

– Teño catro bolsas de liño e dáme moita pena que ninguén as aproveite. Mais terían que vir a buscalas…

O peor que podía pasar sería que fixésemos 100 km para atoparnos cun material que logo non puidésemos tecer (unha perda asumible), así que, puxémonos en marcha.

A viaxe ía escribindo na nosa memoria, todo un diario de vivencias: fixemos unha excursión que non tiñamos previsto, chegamos a un pazo ao que nunca poderiamos haber entrado sen unha escusa coma esta ( e ensináronnos ata o último curruncho), coñecemos a unha señora ben interesante…

O que se nos anunciara como catro bolsas de liño, era un montón de kg de liño traído de California nos anos 70, estaba en perfecto estado de conservación e tiña un colorido espectacular. Aquilo foi como voltar a ser nenos e atopar o maior dos tesouros. Ese liño tiña o pouso da historia, dunha longa viaxe e,o mellor e o peor de todo, a pesares de ser tanta cantidade, só quedaba aquel.”

Podemos imaxinar o bule bule durante esa viaxe de volta; o desexo de poñerse a traballar con aquel material e os nervios por decidir que pezas a crear que estivesen á altura de tal tesouro…

Construímos unha debandoira XXXL para converter en nobelos aquelas madeixas xigantes (longo traballo que aínda non rematamos a día de hoxe), reorganizamos o taller ata atopar o sitio axeitado para o tear, baleiramos estantes e acomodamos a nova alfaia, clasificamos toda a colección de liños por madeixas, nobelos e cores… En fin, transformamos con toda a ilusión, o noso entorno de traballo.

A nosa provedora de liño, acabouse convertendo nunha persoa especial que entrou nas nosas vidas. Veu a visitarnos, comemos xuntos, desfrutou ata unha xornada de tinguido con índigo e ata nos trouxo plantas do seu xardín que hoxe forman parte do noso.

Esta, tan só é unha das moitas historias que se esconden tras as pezas de Belategui Regueiro, a marca creada por Luísa e Óscar.

Podemos imaxinar como foron dosificando ese liño ao longo do tempo (aínda o seguen facendo), e a pena por que un día será o último trociño que poderán tecer porque xa se está acabando.

Pezas exclusivas, de calidade, deseños orixinais, todos eles tecidos en tear de madeira (os de toda a vida) e que podedes atopar na sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade.

Ven a vernos!

 

Título da exposición: “Tecendo historias”
Técnica: prendas e complementos tecidos en tear de madeira
Autores da exposición: Luísa e Óscar
Marca: Belategui Regueiro
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 de xullo – 30 de xullo

 

Instagram: belategui_regueiro
Facebook: Belategui Regueiro

Detalles

Comezo:
Xullo 18, 2023
Remate:
Xullo 30, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando