- Este evento pasou.
Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
Xullo 18, 2023 @ 10:00 a.m.
Pasado o ecuador dos Encontros Emprendedores, en xullo abordamos o eixo da Economía Urbana. Poremos o foco nas conexións que existen entre iniciativas emprendedoras recoñecidas na cidade, que destacan pola súa capacidade de cooperación e reforzo ao sector primario compostelá. Referímonos, nesta ocasión, ás iniciativas gastronómicas e de restauración vinculadas ao produto de proximidade na Praza de Abastos.
O 6º Encontro Emprendedor contará coa participación de Iago Pazos, chef con experiencia no emprendemento de iniciativas de restauración que xestiona Abastos 2.0, unha iniciativa que demostra que a unión entre os produtos locais e unha oferta gastronómica de calidade son sinónimo de éxito. A Praza de Abastos, como mercado da cidade, cobrará especial importancia xa que simboliza o punto de unión entre o rural e o urbano.
No Encontro Emprendedor haberá espazo para a conversa e o intercambio sobre o ecosistema emprendedor local e a oferta local de produtos de calidade. O Mercado galego da Creatividade ofrecerá tamén un almorzo de produtos locais, para fomentar o debate dende a proximidade.
O sexto Encontro Emprendedor:
_ Obxectivo: Economía Urbana
“A gastronomía e a restauración como valedores dos produtos locais”
Carme Casado Casado
Responsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)
Contextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Iago Pazos
Abastos 2.0
_Día: martes, 18 de xullo de 2023.
_Hora: 10.00 – 12.00 h.
_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería, 36 – Santiago.
Inscrición á xornada: https://forms.gle/G4Hi9qzGWsuGZGkK8
Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com