- Este evento pasou.
Exposición conxunta _ Studio Futakuchi
Agosto 1, 2023 - Agosto 13, 2023
Xa sabedes que o espazo expositivo do Mercado muda, cada dúas semana, a súa imaxe, para vestirse cunha marca nova e coller toda a personalidade da mesma. A veces semella unha galería chea de obras pictóricas ou fotografías que nos convidan ao deleite e inmersión no universo que nos propón; outras veces convértese nunha verdadeira tenda-taller chea de vida e acción e coa cal podemos interactuar (incluso propoñer retos), aprender dos oficios que nese momento se están traballando en directo… Diso se trata, de que cada dúas semanas o espazo mude e sorprenda!
Boro, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz, son un grupo de profesionais multidisciplinares que conseguen unha simbiose moi interesante nas súas colaboracións de traballos conxuntos, e serán os responsables de marabillarnos coa súa exposición de obras.
Din que as mellores ideas xorden dos peores momentos. E nós, como colectivo Ourensá de diferentes profesionais, decidimos crear varios proxectos en paralelo durante a obrigada parada por mor da pandemia provocada pola Covid-19.
Procedemos de diferentes eidos creativos: moda, fotografía e ilustración. E neses momentos de pandemia, fomos quen de traballar en equipo para desenrolar ideas que nun principio semellaban imposibles (causa do ritmo frenético de traballo e estrés ao que estabamos sometidos no día a día).
Con esta mostra, queremos ensinar, entre outras moitas cousas, o que no día a día non ensinamos nin contamos de viva voz á xente que entra neste Mercado: as nosas referencias, os erros e moitos dos nosos traballos feitos.
E a cantas persoas se acheguen a coñecer a nosa obra, convidarlles a pensar que aínda que a vida nos leva a camiñar por sendeiros diferentes, atopar o tempo para deseñar mundos conxuntos ten un valor incalculable.
Queres coñecer o mundo que deseñaron conxuntamente estes profesionais? Non te perdas a riqueza da súa marabillosa simbiose.
Título da exposición: “FUTAKUCHI ONNA”
Técnicas: estampación, fotografía, ilustración, confección téxtil…
Autores da exposición: Boro, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz
Marca: Futakuchi S.C.
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 1 de agosto – 13 de agosto
Instagram: @boro.tm
Instagram: @salsagaucha
Facebook: salsagaucha
Twitter: BORO TM