
- Este evento pasou.
Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
Agosto 6, 2023 - Agosto 20, 2023

Neste mes de agosto acollemos, no Mercado Galego de Creatividade, un fantástico taller de encadernación de María Ramírez, de Legendary Tales Editions. Nesta formación elaboraremos o noso propio block de notas.
O obradoiro ten como obxectivos, ensinarnos a:
- Facer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.
- Encadernar un block con tapa dura.
- Colocar gardas para protexer o contido.
- E para darlle un toque final especial: decoraremos con motivos dourados, lettering ou debuxos dourados con punta térmica e aplicaremos dourados nos cantos.
Empregaremos papel verxé de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización.
A duración do taller son tres sesións de tres horas.
Aquí deixamos mais detalles desta formación:
Taller de: Encadernación dun block con tapa dura
Técnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas
Formadora: María Ramírez
Marca: Legendary Tales Editions
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller: 6 / 13 / 20 de agosto
Horario: 11:00 – 14:00 h
Custo do taller: 75 € (todos os materiais incluídos)
Reserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art/products
Contacta coa formadora:
_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com
_ Teléfono: 644 949 390
Coñece o traballo de María:
Instagram: @legendary_tales_editions