loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de gravados _ Noemí Moisés

Agosto 15, 2023 - Agosto 27, 2023

Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo é a próxima artista en amosar a súa colección de gravados no espazo galería do Mercado.

En calidade de ‘Artista invitada’, e baixo o título de “As que bailan”, Noemí mostra unha serie de gravados realizados con diferentes técnicas artísticas como son: punta seca, linografía, litografía e carborundo.

 Son arquitecta de formación, profesora de profesión e pintora de vocación.

Esta colección de obras, está inspirada en esculturas femininas de épocas primitivas (a maioría delas, nas venus paleolíticas). Figuras cheas de forza que reflicten o poder do feminino.

Para quen quere afondar un pouco mais no traballo de Noemí,  aquí deixamos unha breve descrición das técnicas coas que traballou esta colección de láminas:

  • Gravado a punta seca: cun punzón fino e afiado rabuñamos á pulso, unha placa metálica ou de acetato, con maior ou menor presión segundo a intensidade de liña que queremos conseguir.
  • Linografía: empregando unha matriz de linóleo, facemos incisións con gubias para crear diferentes relevos que logo tinximos cun rodete. A tinta queda na superficie e ao colocar o papel ou soporte que queiramos gravar, premendo sobre o linóleo a imaxe quedará impresa neste.
  • Gravado ao carborundo: o carborundo ou carborundum é un tipo de carburo de silicio de bastante dureza ( semella ao papel de lixa) que retén a tinta en maior ou menor medida segundo a aplicamos. Deste xeito podemos conseguir diferentes texturas no gravado de carácter areoso.
  • Litografía: é unha técnica de estampaxe planográfica xa que se emprega unha pedra calcaria puída (ou placa metálica absorbente). Neste caso non hai incisión senón que se basea no rexeitamento químico entre a auga e a graxa. O debuxo realízase cun lapis graxo ou pinceis e tintas especiais. Tras aplicar unha solución de ácido nítrico e goma arábiga, o debuxo queda fixado á pedra de forma estable. Ao humedecer a pedra, cando aplicamos a tinta só se deposita na zona de debuxo (graxa) e non no resto (polo rexeitamento entre a auga e a graxa).

Queres afondar mais nestas técnicas e ver o resultado delas no traballo desta profesional?

Deixámosche aquí toda a información sobre a exposición:

 

Título da exposición: “As que bailan”
Técnicas: gravado a punta seca, linogravado, litografía e carborundo.
Autora da exposición: Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo
Marca: Noemí Moisés
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 15 de agosto – 27 de agosto

 

Facebook: Noemí Méndez

 

Detalles

Comezo:
Agosto 15, 2023
Remate:
Agosto 27, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando