
- Este evento pasou.
Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
Agosto 22

Continúan os Encontros Emprendedores no verán!
Desta volta, convidámosvos o martes 22 de agosto, entre as 11:00 – 13:00 h, no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas).
A asistencia é gratuíta, previa inscrición neste formulario en liña: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7
Esta sesión xirará entorno á vivenda, unha temática central na vida das persoas que temos a necesidade de repensar. Dada a amplitude e o interese social que xera esta temática, Nieves Rodríguez compartirá a proposta da asociación Larlilás. Así mesmo, contaremos coa participación de Iago Lestegás, experto na temática da vivenda e a calidade de vida nas cidades tendo en conta o impacto do turismo.
Larlilás é unha organización autoxestionada, que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez. A atención integral, os coidados e a dignidade, así como a construción dunha contorna aberta, próxima e afectiva son algúns dos seus piares.
Durante o Encontro Emprendedor abordaremos os inicios da iniciativa, os pasos para organizarse, as dificultades atopadas, e tamén os acordos fundamentais para desenvolver un proxecto conxunto destas características. Un Encontro que nos interpela a repensar a vellez, o benestar e os coidados, así como as alternativas habitacionais ao longo do ciclo de vida.
Durante a intervención de Iago Lestegás e de Nieves Rodríguez poderemos debater, compartir e intercambiar, polo que os animamos a participar neste novo Encontro Emprendedor. Creativas galegas ofrecerá un almorzo de produtos locais.
O sétimo Encontro Emprendedor:
_ Obxectivo: Vivenda
“A organización arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado”
Carme Casado Casado
Responsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)
Contextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Nieves Rodríguez
Larlilás
Iago Lestegás
Arquitecto urbanista
_Día: martes, 22 de agosto de 2023.
_Hora: 11.00 – 13.00 h.
_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería, 36 – Santiago.
Inscrición á xornada: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7
Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com