loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de pezas de patchwork _ Annabel Martínez

Agosto 29, 2023 - Setembro 10, 2023

Abrimos unha nova exposición. Nesta ocasión queremos amosarvos o traballo da nosa compañeira Annabel Martínez, cuxa marca leva o seu nome.

A miña avoa enfiou o camiño das mulleres da súa descendencia e todas elas son modistas de profesión.

A pesar de pertencer a esta saga e estar rodeada de teas, retallos e fíos  desde moi pequena, Annabel quixo emprender o seu propio camiño, aproveitando toda a aprendizaxe familiar que foi absorbendo desde ben nena.

Todo comezou vendo á súa irmá crear adornos de Nadal, sen agulla, coa técnica do patchwork. Ese día espertou o seu interese pola artesanía téxtil. Nace así a que será a súa paixón.

Esta técnica artesanal xorde como unha necesidade de recuperar e reciclar tecidos para convertelos en novos artigos útiles tanto para vestirnos nós como para os nosos fogares. Annabel recuperou esta modalidade de costura artesanal para deseñar e confeccionar marabillosos bolsos e complementos con diferentes tecidos. Como a súa inspiración xorde da propia natureza, atopamos nas súas pezas cores cálidas e tecidos naturais.

Pezas únicas, atemporais, feitas paseniñamente con moito agarimo e uns acabados con tal delicadeza de traballo que moitos dos seus bolsos son reversibles.

Nesta exposición imos ter a oportunidade de coñecer todo o seu percorrido como artesá, desde a creación de fantásticos adornos de Nadal ata a súa colección de bolsos mais recente.

Sigo o fío que marcou o meu camiño!

 

Título da exposición: “Sigo o fío que marcou o meu camiño”
Técnica: patchwork
Autora da exposición: Ana Isabel Martínez
Marca: Annabel Martínez
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 de agosto – 10 de setembro

 

Instagram: @annabel_martinez_ds

 

Detalles

Comezo:
Agosto 29, 2023
Remate:
Setembro 10, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando