loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de deseño e impresión 3D con madeira _ Miramoura

Setembro 12, 2023 - Setembro 24, 2023

Álex e Carmen, son as persoas que están detrás da marca Miramoura. Deseño, innovación e responsabilidade, son os adxectivos que mellor definen este proxecto.

Miramoura é unha marca de produtos deseñados e producidos de xeito consciente e responsable. Fusionamos calidade, técnica e innovación, para deseñar obxectos funcionais e duradeiros que podemos empregar en tendas e fogares. Cremos que é preciso un modelo de consumo máis sostible, no que as cousas duran máis, son reparables e versátiles.

O noso día a día está cheo de elementos como táboas de cortar, bandexas, cadeiras, tallos, mesas e pequenos utensilios que enchen os nosos escritorios, estantes e mesados da cociña. Algúns deles son complexos, tecnolóxicos, e outros, son tan simples como unha culler de madeira. Obxectos que son decorativos ou funcionais (e idealmente, ambos).

Defendemos encher os nosos fogares e comercios de cousas útiles, fáciles de usar e fabricadas de forma responsable. Ata que conseguimos isto, preocupámonos por incorporar materiais locais, recuperados ou de baixo impacto medioambiental, deseños duradeiros e unha estética agradable. Gústanos dar o toque de personalización, algo que facilitan técnicas como a impresión 3D e que acabou converténdose na nosa gran aliada.

Miramoura xurdiu das necesidades que atopamos nós mesmos e os clientes dos diferentes servizos que presta a nosa cooperativa, Despunte. Principalmente son profesionais ou axencias de comunicación e decoradoras que nos falaban da necesidade de produtos sinxelos, duradeiros, elaborados con mimo e personalizables; pequenos mobles funcionais, de materiais moi concretos e con posibilidade de conseguilos sen recorrer a solucións moi custosas ou á compra en liña e de baixa calidade.

Observamos dous aspectos clave: o primeiro, a importancia dos materiais. A madeira tiña un papel protagonista en case todos os proxectos e sempre se complementaba con alternativas de baixo impacto medioambiental. O segundo, a personalización.

Comezamos con pedidos personalizados e fomos en paralelo construíndo un catálogo de pequenos mobles para tendas e fogares conscientes. Encántanos participar en iniciativas creativas coas que seguir desenvolvendo ideas coma: o Desafío de Innovación Frugal Francis no marco do programa H2020.

Todos os nosos produtos están deseñados e fabricados preto de Santiago, no noso propio taller, e sobre todo, a partir de madeira, materiais recuperados ou rescatados e filamento vexetal como é o PLA. Algúns artigos están listos para mercar: bandexas, expositores, tallos, mesas auxiliares… Outros, xorden de encargos personalizados, tanto para fogares como para establecementos, por parte de particulares ou profesionais que nos establecen novos retos e deseños. Esta é a nosa parte favorita!

 

Título da exposición: Madeira e impresión 3D, unha combinación irresistible!
Técnicas: deseño 3D, impresión 3D, carpintaría de madeira, reciclaxe.
Autores da exposición: Alejandro García Soto e Carmen Araquistain Portela (Despunte).
Marca: Miramoura.
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.
Data: 12 – 24 de setembro.

 

Instagram: @miramoura.despunte

Detalles

Comezo:
Setembro 12, 2023
Remate:
Setembro 24, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando