- Este evento pasou.
Exposición de pintura _ CabaLoula
Xuño 21, 2023 - Xullo 2, 2023
Lola Garcerá é unha valenciana que, un bo día, quedou namorada das brétemas do norte peninsular. Unha bruma que xoga ás mil marabillas ao compás dos mestos bosques verdes, creando paisaxes inspiradoras de maxia, lendas e misterio. Todo isto resultou ser o escenario perfecto para que Lola deixase voar a súa imaxinación e se inmiscuíse en todo un mundo de personaxes e historias fantásticas.
Como boa artista, a Lola resúltalle moito mais sinxelo expresarse, a través do debuxo e da pintura, en vez facelo con verbas: o que pensa, o que sinte, a súa visión particular do mundo, a beleza de canto ve e as fantasías ás que a leva a combinación da súa afección polos lapis, os pinceis e a mitoloxía.
Son os cabalos os que ocupan unha posición privilexiada dentro da miña fascinación pola natureza. E non me produce ningún apuro cando alguén me pregunta: “que che gusta máis, os cabalos ou o debuxo?”
E por que escoller?
Abrimos as portas dunha nova exposición para que descubras o traballo desta artista. Toda unha colección de óleos e acuarelas que viaxan entre o retrato da realidade e a fantasía.
Toma nota!:
Título da exposición: Fantasía e realidade, dúas caras da moeda.
Técnica: Óleo e acuarela.
Autora: Lola Garcerá Marco.
Marca: CabaLoula.
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 21 de xuño – 2 de xullo
Instagram: @cabaoula
Facebook: Lola Garcerá Marco
Blog: lalolaga.blogspot.com