Exposición de ilustración e acuarela _ EAILUSTRA

EAILUSTRA é o proxecto que iniciaron dúas irmáns pontevedresas, Eider e Aroa. Aroa é a das ideas e defínese a si mesma como unha apaixonada da natureza con tecnofobia. “Encántame separarme un intre do grupo para ver como o resto de membros interactúan, rin, falan e brincan. Eses intres fanme sentir moi feliz.” Eider é ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ pekeña.com

Victoria Eugenia Constenla é a artesá que está detrás da marca Pekeña.com. Unha firma que elabora xoias a partir de materiais como prata, latón ou cobre, e combinando estes con pedras semipreciosas naturais, baños de ouro, perlas, fósiles... Todas elas son pezas únicas e feitas á man pola propia autora. Victoria vive actualmente no campo, ... Ler máis

Exposición de fotografía _ Xaime Cortizo

Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo do fotógrafo: Xaime Cortizo. Fotógrafo profesional e deseñador visual, con más de 15 anos de experiencia no mundo da fotografía e a comunicación visual. Xaime desenrola e proxecta a imaxe de artistas, persoas emprendedoras, empresas, proxectos ou eventos diversos. No plano artístico interésalle ... Ler máis

Exposición de estampado botánico _ Alizari atêlier botánico

Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo de Belén Merelas e o seu Alizari atêlier botánico. Alizari é unha simbiose entre a botánica e o mundo téxtil. Mediante tinturas naturais de diferentes fontes biolóxicas, dende plantas ata fungos, creamos estampados únicos que se poden aplicar a distintos produtos de deseño ... Ler máis

Exposición de ourivaría _ Acivro Xoias

O noso mercado acolle a obra de Chus Iglesias onde, ademais de descubrir as alfaias que elabora baixo a súa marca Acivro Xoias, poderedes desfrutar vendo os seus procesos de creación. Deixámosvos as verbas coas que ela mesma nos amosa o seu traballo: Benvidas á ourivaría compostelá do século XXI, ao universo Acivro Xoias. Inspirada ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Khepri Arte

Khepri Arte é a marca de Igancio Ansín. A súa fascinación pola civilización do Antigo Exipto é fonte de inspiración para a creación da súa xoiaría. É por iso que toma da súa simboloxía, o nome da marca. Jepri (Khepri), na mitoloxía exipcia, é o deus Sol, símbolo de constante transformación, de crearse a si ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Soledad Mato

Soledad Mato e o poder da xeometría e as cores 💎 Dende hoxe, o Mercado Galego da Creatividade conta coa presenza de Soledad Mato, unha artesá que leva un longo percorrido dedicándose á xoiaría. Nesta exposición, a creadora pon de manifesto as formas xeométricas e unha ampla gama de cores que son insignia de todas ... Ler máis

Exposición de estampación artesanal _ Amor ó teu

Amor ó teu estampaxe artesanal é a marca de Sandra de Rego, a quen coñecemos por #Amorote e que agora nos quere redescubrir o seu traballo baixo un novo nome, pero co mesmo agarimo pola nosa terra e polo medio ambiente de sempre. Durante as próximas semanas poderedes ver de preto no Mercado Galego da ... Ler máis

Exposición de pintura _ El Escaparate de Bea

Da man de Beatriz Fraguas chega a seguinte exposición, coa natureza e o mar como fontes de inspiración 🌊 Esta artista achéganos unha mostra na que as protagonistas son a pintura a base de óleos e acrílicos en soportes de madeira ou lenzos e a costura mediante teas cunha gama de cores que acompasan coa ... Ler máis

Exposición produtos artesanais solidarios _ Asociación Avante

Acollemos unha nova exposición ao abeiro do proxecto @12comercios12sensibilidadess de Compostela 🌟 Durante este mes, o protagonista desta campaña é o Mercado Galego da Creatividade e a sensibilidade vai para Avante Asociación. Unha asociación que traballa con persoas con discapacidade e cos seus familiares, para defender os seus dereitos e intereses. Hoxe comeza esta exposición ... Ler máis

Exposición de tatuaxe e moda alternativa _ Futakuchi coworking

Nesta ocasión, chega ao Mercado Galego da Creatividade unha mostra na que conflúen técnicas tradicionais (como o bordado e a serigrafía artesanal) e modernas (como a impresión 3D ou tuftinggun) que dan como resultado o traballo colaborativo que Lora González realiza con artistas do mundo do tattoo. Pezas únicas vinculadas á moda alternativa que esta ... Ler máis

Exposición de acuarelas _ Cuire Acuarelas

🐟🖌️Sandra Cuiña preséntanos unha nova mostra do traballo que realiza baixo a marca Cuire Acuarelas e coa que plasma diferentes figuras da cultura galega, da nosa gastronomía ou das peregrinas que chegan a Compostela. As acuarelas son as súas aliadas na elaboración das ilustracións das Marías, das súas interpretacións de Rosalía de Castro ou das ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando