Exposición de ilustración _ Raquel Montero

Temos unha nova exposición no Mercado e desta vez da man da ilustradora Raquel Montero. Que podemos atopar? Pois unha mostra do percorrido artístico da autora a través de diferentes obras e formatos: tapices, esculturas, fanzines, láminas, debuxos orixinais... Obras creadas inspirándose nos contos de fadas clásicos e mundos fantásticos. Quen é Raquel Montero? Deixámosvos, ... Ler máis

Exposición de téxtil e complementos tecidos en tear _ Belategui Regueiro

‘A arte de tecer’ é a exposición que, desde hoxe, podes atopar na sala de exposicións do Mercado. Luisa e Óscar son as persoas que están detrás desta exhibición de pezas feitas en tear de madeira, e da firma Belategui Regueiro. Quixo o destino, que alá polo ano 1984, estes  dous creativos se atopasen cun ... Ler máis

Exposición ilustración e pintura _ Paula Paradela

Paula Paradela é a autora da exposición que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade. Ela mesma nos fala da súa traxectoria e a colección que nos presenta: Traxectoria: Paula Paradela, Santiago de Compostela, 1968. Historiadora da Arte Moderna e Contemporánea. Pintora e Ilustradora. Directora do espazo creativo Ultramarte, La Casita Azul. Desde nena, recoñézome ... Ler máis

Exposición de escultura de madeira _ SonAgasallo

Sorprendemos cunha nova exposición na segunda planta da tenda: a colección de esculturas de madeira elaboradas por Ruth e José Manuel da marca SonAgasallo. Así nos falan desta colección de obras: Porque nos gusta a natureza e as segundas oportunidades...  De aquí xorde a motivación de todo o noso traballo, de reutilizar pezas de madeira ... Ler máis

Exposición sombreirería artesanal_ Julia Vilariño

Sombreiros de festa, de diferentes cores, tecidos, formas e complementos decorativos. Sombreiros clásicos, de amplas ás, forrados con pano portugués e rematados con cintas que dan o broche final á peza. Sombreiros de ás anchas e cortas, de copas altas e baixas. Gorras. Boinas de la de ovella galega fiada por @ttmareque. Sombreiros urbanos, con ... Ler máis

Exposición de acrílicos _ Jaqueline Elizabeth

Jaqueline quere amosarnos a súa nova colección de acrílicos a través da exposición ‘O Xardín'. O por que deste título cóntanolo ela mesma: Nun momento, o xardín pode cambialo todo. Gozar dunha experiencia que pode transformar o teu estado, a túa visión, o teu sentimento interior é esperanzador. Un xardín faite ser consciente da beleza ... Ler máis

Exposición de bixutería _ Arbusto Mahara

Inspirada na natureza que a rodea e as historias que lle contan as persoas achegadas, Yulia, baixo a marca Arbusto Mahara, comezou a crear as súas peciñas de bixutería con contas ou mostacillas. Unha fusión dos trucos das técnicas tradicionais cos das contemporáneas, cores, texturas e movemento son a base das súas creacións. A diversidade ... Ler máis

Exposición de complementos e pezas de papelería _ Con un poco de papel

O papel é a semente que dá vida ao proxecto 'Con un poco de papel' de Eva e María, dúas irmás emprendedoras e unidas polo feito á man, o traballo creativo e a inquedanza de descubrir cantas cousas se poden crear partindo tan só dun anaquiño de papel. Mais a imaxinación destas dúas creadoras non ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Paripepop

Inauguramos unha nova exposición para lucir o traballo dunha das nosas marcas mais travesas: Paripepop. Estes son os cabos soltos dunha revolución que xamais se produciu. E toda revolución ten os seus protagonistas. E todo protagonista ten un punto débil. E todo punto débil deixa una marca. E toda marca é un sinal sobre una ... Ler máis

Exposición de gravado _ Andrés Touceda

Temos unha nova exposición de ‘Artista Invitado’ : Andrés Touceda. Desde o momento cero que coñecemos a Andrés tivemos claro que queriamos ser altofalante do seu traballo e durante as dúas semanas que comparte espazo connosco, aprender del canto poidamos. O seu amor pola pesca con mosca levouno a converterse nun atador de moscas e ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Quenindiola

Baseadas nas formas bidimensionais do Románico Galego, Quenindiola crea o seu propio código para reinterpretar as iconas da nosa cultura e patrimonio. Catro cores son as que enchen os baleiros entre as liñas: o vermello da Cruz de Santiago, o azul de Galicia e o negro e o branco para contrastar. Como soporte das súas ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Soledad Mato

🔹Gústanche as xoias e tes curiosidade polo oficio da ourivaría compostelá? 🔹Apetéceche coñecer as diferentes técnicas e procesos que se esconden detrás dunha xoia elaborada artesanalmente? 🔹Tes inquedanza por entender onde está o valor de cada peza? Se respondes que si a algunha destas preguntas temos preparada a exposición perfecta que vai responder a todas ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando