loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición ilustración e pintura _ Paula Paradela

Outubro 15, 2024 - Outubro 26, 2024

Paula Paradela é a autora da exposición que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade.

Ela mesma nos fala da súa traxectoria e a colección que nos presenta:

Traxectoria:

Paula Paradela, Santiago de Compostela, 1968.
Historiadora da Arte Moderna e Contemporánea.
Pintora e Ilustradora.
Directora do espazo creativo Ultramarte, La Casita Azul.

Desde nena, recoñézome coma creadora, explorando e descubrindo novos mundos a través das Artes. Teño unha longa traxectoria coma pintora, muralista, deseñadora de mobles e roupa, restauradora e docente de artes plásticas en escolas, bibliotecas e actividades de tempo libre.
Coma ilustradora, publiquei varios contos para nenos, revistas de divulgación artística e, recentemente, un tarot de xogo que presentei no Mercado Galego da Creatividade en 2021.
Na faceta de docente de artes plásticas, os meus alumnos levan acadado máis de corenta premios e mencións artísticas.
Traballei con diferentes pedagoxías alternativas, coma Montessori e o School Enrichment Model, e na unidade da USC de Psicoloxía de altas capacidades.

Hoxe acompaño a xentes de todas as idades a atopar, co xogo das cores, diferentes camiños artísticos, dando prioridade a un maior desenvolvemento dunha educación emocional e creativa no espazo Ultramarte, La Casa Azul, ás aforas de Compostela, en Roxos.
Pintar é pura poesía; non se explica nin se entende desde a mente. A linguaxe imaxinal, ou linguaxe de imaxes, abre novas vías para a práctica innovadora da intelixencia emocional.

Mostra:

Consta de colaxes feitos con pezas de debuxos dos nenos que asisten á escola de arte Ultramarte, La Casita Azul. Naceron a partir da reciclaxe de centos de debuxos: anacos de soles amarelos, azuis de mares ou verdes de montañas, que se foron xuntando a modo de patchwork para crear composicións unidas a un fío común: o amor pola natureza e os obxectos que acompañan o labor cotidiano no fogar, coma sifóns, licuadoras e mulleres comendo ou cociñando.

A partir da reciclaxe de papel de prensa e cartón, presento tamén obxectos que acompañan a mostra, elaborados coa técnica de papel maché da colección chamada “Sin Xeito”. Está inspirada na literatura poética do naturalista Gerald Durrell e na estancia coa súa familia na illa de Corfú, Grecia.
As festas abertas ao mar con obxectos do cotiá evócanme a obra de Matisse e Duffy, dous grandes mestres do lirismo naïf.

Presentación da exposición:

📍Quedada de debuxo co grupo de urban sketchers de Santiago, Bosquejeros, no propio espazo expositivo.
Sábado, 19 de outubro, ás 12:00 h

📍 Nazareth López, escritora e xornalista, estará tamén no espazo expositivo e falaremos da mostra en círculo, con entrevista.
Sábado, 19 de outubro, ás 19:00 h

 

Título da exposición: “Colaxes fronte ao mar”
Técnica: Collage e gouache sobre papel / papel maché
Autora: Paula Paradela
Marca: Ultramarte
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 15 – 26 de outubro
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece o traballo de Paula:
Instagram: @ultramarteart
Facebook: Ultramarte

   

Detalles

Comezo:
Outubro 15, 2024
Remate:
Outubro 26, 2024
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando