
- Este evento pasou.
Obradoiro de collage _ Paula Paradela
Outubro 26, 2024 @ 11:30 a.m. - 2:00 p.m.

Paula Paradela, Historiadora da Arte Moderna e Contemporánea, é a pintora e ilustradora que amosa estes días o seu traballo no espazo de exposición do Mercado Galego da Creatividade. Moitos e moitas de vós coñecédela por ser a directora do espazo creativo Ultramarte, La Casita Azul.
Nesta mostra de obras atopamos marabillosos e divertidos colaxes feitos a partir de pezas de debuxos dos nenos que asisten á súa escola de arte. Nacen a partir da reciclaxe de centos de debuxos: anacos de soles amarelos, azuis de mares ou verdes de montañas, que se foron xuntando a modo de patchwork para crear composicións unidas a un fío común: o amor pola natureza e os obxectos que acompañan a labor cotidiá do fogar.
Este sábado, día 26, queremos convidarvos, a grandes e pequenos, a participar no obradoiro de colaxe con papeis pintados. Toma nota:
Actividade: Obradoiro de collage con papeis pintados
Formadora: Paula Paradela
Marca: Ultramarte
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: sábado, 26 de outubro
Horario: 11:30 – 14:00
CUSTO: 35€ (todos os materiais están incluídos).
Merca o teu taller aquí: Mercar