Taller de esmaltado _ Soledad Mato
Outubro 9 @ 4:00 p.m. - Novembro 27 @ 8:00 p.m.
Sabes que é o esmalte ao lume?
Podemos adiantarche que é unha técnica artesanal coa que se conseguen cores vivas e moi empregada en xoiaría.
Se queres saber máis, experimentala e crear a túa propia xoia con esta técnica, segue lendo!
Soledad Mato será a guía desta formación. Unha artesá con moitísima experiencia no mundo da xoiaría e coa que ademais as risas están aseguradas 😉
🔹Grupos reducidos (máximo 6 persoas).
Actividade: Taller de esmalte ao lume
Formadora: Soledad Mato
Marca: Soledad Mato
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Horario: 16:00 – 20:00 h
Custo do taller: 50 €/día (todos os materiais están incluídos e levarás a túa propia xoia ao final do taller).
Podes reservar a túa praza en unha ou varias datas deste taller.
Merca o teu taller aquí:
- 9 de outubro: Mercar
- 16 de outubro: Mercar
- 30 de outubro: Mercar
- 13 de novembro: Mercar
- 27 de novembro: Mercar
Este outono, ven coñecer esta arte e fai a túa propia xoia!
Coñece o traballo de Soledad:
Instagram: @soledadmato