- Este evento pasou.
Exposición de téxtil e complementos tecidos en tear _ Belategui Regueiro
Setembro 4 - Setembro 15
‘A arte de tecer’ é a exposición que, desde hoxe, podes atopar na sala de exposicións do Mercado. Luisa e Óscar son as persoas que están detrás desta exhibición de pezas feitas en tear de madeira, e da firma Belategui Regueiro.
Quixo o destino, que alá polo ano 1984, estes dous creativos se atopasen cun tear. Foi un encontro resultado da súa inquietude persoal, mais gustoulles tanto o que se conseguía facer con el, que desde enton, a súa vida e traballo xira entorno a esta xoia da artesanía galega. Xamais deixan de profundar na aprendizaxe e especialización desta arte de tecer con materiais do mais diversos.
No ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais, pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa.
Baixo esta firma, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man en teares de madeira. Empregan as fibras de sempre como son o liño ou a lá, e tamén outras, non tan convencionais, como son: seda, bambú, alpaca, coiro, neopreno, caucho…
Mais sempre empregando as técnicas artesanais que fan único a cada tecido.
Na súa gama de traballos tamén engaden a impresión botánica, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori.
Se non coñeces o traballo de Óscar e Luisa, non deixes de visitarnos. Ah, e durante a súa exposición estarán traballando no escaparate cun dos seus teares. Ven a vernos!
Título da exposición: “A arte de tecer”
Técnica: tecido en tear, impresión botánica, tinguido artesanal e shibori
Autores da exposición: Luisa e Óscar
Marca: Belategui Regueiro
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 4 – 15 de setembro
Coñece o traballo da firma a través das súas RRSS:
Instagram: belategui_regueiro
Facebook: Belategui Regueiro