- Este evento pasou.
Taller de máscara de gato neko noh _ Futakuchi coworking
Setembro 21
Gustaríache ter a túa propia máscara de gato neko noh e personalizada por ti?
Seguro que xa coñeces a marca Boro, unha das integrantes de Futakuchi coworking. A quen xa a coñecedes, sabedes da súa inspiración na cultura xaponesa.
Pois da man de Lorena González e Tania Medina, temos o seguinte taller. Un obradoiro no que partiremos dunha máscara de gato que debemos personalizar ao noso gusto e para iso pulirémola, pintarémola e crearémoslle cantos accesorios téxtiles queiramos poñerlle.
Cada participante desta formación elixirá previamente o modelo de gato que lle gustaría personalizar e o día da formación levarémolo impreso e listo (contactaremos coa xente inscrita no taller para que nos digades que modelo dos 5 gatos preferides cada quen).
Inscríbete nesta formación intensiva de todo un día e aprende diferentes técnicas mentres personalizas o teu gato neko noh.
Actividade: Taller de elaboración de máscaras de gato neko noh
Formadora: Lorena González e Tania Medina
Marca: Boro
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: sábado, 21 de setembro
Horario: 11:00 – 14:00 e de 15:30 – 19:00 (formación intensiva de un día completo)
Custo do taller: 200 € (todos os materiais están incluídos).
Merca o teu taller aquí: Mercar
Coñece o traballo desta marca:
Instagram: @boro.tm
Facebook: salsagaucha
Curiosidades:
Maneki-neko (招き猫 gato que invita). Tamén se coñece como o gato neko ou gato que atrae a boa sorte e a fortuna. Aínda que popularmente o vemos moi asociado á cultura china, tamén é unha escultura popular xaponesa que según din, atrae a boa sorte á/ao dono/a do espazo no que se sitúa a escultura de gato.
Nō, noh ou teatro Noh (能, abreviatura de Nogaku) é unha das formas mais antigas de teatro xaponés. Data do século XIV e procede das danzas rituais dos templos, das danzas populares, dos escritos budistas, da poesía, da mitoloxía e de lendas populares xaponesas. Un drama lírico e musical nipón dirixido principalmente a un público mais educado. No teatro Noh, actores e actrices saen ao escenario con máscaras e empregan xestos precisos, elegantes e deliberados, ocultando as expresións humanas para evocar emocións coas lixeiras inclinacións da cabeza.
Unha escenografía de madeira de ciprés decorada cunha pintura que representa un árbol de pino e músicos con instrumentos de vento e percusión acompañan aos intérpretes caracterizados coas máscaras para ocultar os seus rostros e expresións.
En contraposición ao teatro Noh está a outra das recoñecidas representacións teatrais xaponesas mais antigas: o teatro kabuki.
O teatro kabuki nace a principios do século XVII e inicialmente, conta a tradición, que o fundou unha miko (sacerditisa sintoísta) quen comezou a reclutar mulleres marxinais para ensinalas a cantar, bailar e actuar. Esta forma de teatro busca sobre todo dar espectáculo, é unha actuación mais comercial (segundo algúns expertos) e converteuse rápidamente nunha fórmula de entretemento popular tanto para os xaponeses como para visitante do país Nipón. O kabuki é unha vívida mezcla entre narración dinámica, maquillaxe, música atrevida e xestos dramáticos.
E agora que coñeces un pouco mais do gato neko noh, gustaríache ter a túa propia máscara de gato?