- Este evento pasou.
Exposición de ilustración _ Raquel Montero
Agosto 20 - Setembro 1
Temos unha nova exposición no Mercado e desta vez da man da ilustradora Raquel Montero.
Que podemos atopar?
Pois unha mostra do percorrido artístico da autora a través de diferentes obras e formatos: tapices, esculturas, fanzines, láminas, debuxos orixinais… Obras creadas inspirándose nos contos de fadas clásicos e mundos fantásticos.
Quen é Raquel Montero? Deixámosvos, nas súas propias verbas, a presentación que nos achega dela mesma:
Son debuxante, ilustradora e artesá nada en Cambre, A Coruña. Estudei Belas Artes na Universitat Politécnica de València e máis adiante cursei o Master en Ilustración Profesional na Escola Barreira Arte+Diseño.
Entre as miñas creacións podemos destacar láminas, tapices, fanzines, imáns,… Con elas interésame romper tabús anticuados, traspasar límites e abordar temas como a diversidade, a inclusión, o amor e a amizade, achegándome sempre a eles de xeito lúdico e apto para todas as idades.
Emprego unha gran variedade de técnicas na miña práctica artística, comezando sempre co debuxo tradicional e logo estampando con serigrafía, risografía, impresión dixital, tecendo á man ou modelando e pintando de xeito artesanal. As miñas obras, aínda que diversas entre si, son moi recoñecibles polas súas cores brillantes.
Actualmente traballa por encargo e participa en feiras de autoedición nacionais (Tenderete, Graf, Funfunfun, Autoban…) e internacionais (Sprint Milano, Crack Festival, Ratata…).
E agora no Mercado Galego da Creatividade!
Exposición de ilustración
Autora: Raquel Montero
Técnicas empregadas: serigrafía, risografía, teceduría, modelado, costura…
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 20 de agosto – 1 de stembro
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo desta ilustradora:
Instagram: @raquelmontero_