
- Este evento pasou.
Exposición de acuarelas _ Cuire Acuarelas
Agosto 6, 2024 - Agosto 18, 2024

🐟🖌️Sandra Cuiña preséntanos unha nova mostra do traballo que realiza baixo a marca Cuire Acuarelas e coa que plasma diferentes figuras da cultura galega, da nosa gastronomía ou das peregrinas que chegan a Compostela.
As acuarelas son as súas aliadas na elaboración das ilustracións das Marías, das súas interpretacións de Rosalía de Castro ou das sardiñas e troitas que verte en soportes téxtiles ou de papel.
Ao longo de dúas semanas, no Mercado Galego da Creatividade haberá unha selección das creacións que a acompañan dende que comezou con este proxecto.
Non a perdas!
Título da exposición: “Miscelánea”
Proxecto: Cuire Acuarelas
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 6 de agosto – 18 de agosto
Horario: 10:30 – 20:30 h
Sigue o traballo da pintora:
Instagram: @cuireacuarelas
Facebook: Yo no soy una it girl
Tik Tok: @yonosoyunitgirl