- Este evento pasou.
Exposición de tatuaxe e moda alternativa _ Futakuchi coworking
Xullo 23 - Agosto 4
Nesta ocasión, chega ao Mercado Galego da Creatividade unha mostra na que conflúen técnicas tradicionais (como o bordado e a serigrafía artesanal) e modernas (como a impresión 3D ou tuftinggun) que dan como resultado o traballo colaborativo que Lora González realiza con artistas do mundo do tattoo.
Pezas únicas vinculadas á moda alternativa que esta compañeira elabora de forma artesanal dende o colectivo Futakuchi coworking ou as marcas @boro.tm e @salsagaucha.
Non perdas a ocasión de visitar a exposición desta deseñadora e desfruta do seu traballo en directo!
Título da exposición: “1948 Irezumi”
Proxecto: Boro
Autora: Lora González
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 23 de xullo – 4 de agosto
Horario: 10:30 – 20:30 h
Sigue o traballo desta creadora:
Instagram: @boro.tm
Facebook: salsagaucha