
- Este evento pasou.
Exposición de gravado _ Andrés Touceda
Abril 8 - Abril 19

Temos unha nova exposición de ‘Artista Invitado’ : Andrés Touceda.
Desde o momento cero que coñecemos a Andrés tivemos claro que queriamos ser altofalante do seu traballo e durante as dúas semanas que comparte espazo connosco, aprender del canto poidamos.
O seu amor pola pesca con mosca levouno a converterse nun atador de moscas e educador ambiental —segundo nos di el, semiprofesional—.
De 2008 – 2014 fun colaborador da revista Dánica, especializada en pesca con mosca.
En 2015 entrei na escola de artes e oficios de Vigo para estudar encadernación e serigrafía.
En 2018 tivo o seu primeiro contacto co gravado, no obradoiro de Xavier de Sousa, e desde entón, nunca deixou de lado este formato de expresión das súas ideas e deseños. Utiliza, sobre todo, o linogravado e a punta seca.
O tema principal do meu traballo xorde da miña experiencia como pescador con mosca e da observación da natureza que rodea ó río.
A experiencia e os coñecementos de Andrés son moi amplos e poderiamos dedicar todo un libro a contalos, mais queremos que sexa el mesmo que conte, en vivo e en directo a súa traxectoria vital.
Título da exposición: ‘Un Camiño de Tinta ao Pé do Río’
Autor: Andrés Touceda
Técnicas: escultura, gravado a punta seca e linogravado
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 8 – 19 de abril