- This event has passed.
Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
Abril 5, 2025 @ 4:00 p.m. - 6:30 p.m.

Mónica é a persoa que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia, unha marca especializada no traballo de marroquinería e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de MOCAO Artesanía.
Durante este Escaparate Vivente podemos ver, en vivo e en directo, diferentes procesos do traballo de produtos de marroquinería.
Es desas persoas que queda embelesada cando ve a alguén facendo traballo artesanal coas súas mans? Anota a data desta actividade:
📌Sábado, día 5 de abril, de 16.00 a 18.30 horas
📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela)
✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia, entidade da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Esta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España, oficioyarte, e @jemaofficiel.



