loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

Exposición de complementos e pezas de papelería _ Con un poco de papel

Marzo 11 - Marzo 22

O papel é a semente que dá vida ao proxecto ‘Con un poco de papel‘ de Eva e María, dúas irmás emprendedoras e unidas polo feito á man, o traballo creativo e a inquedanza de descubrir cantas cousas se poden crear partindo tan só dun anaquiño de papel.

Mais a imaxinación destas dúas creadoras non ten fin e as súas mans tampouco atopan límites, así que despois do papel viñeron materiais como a tea, o metacrilato, a madeira…

Se cun pouco de papel poden crear infinitos produtos…, imaxínate o mundo de creación que poden conseguir se parte tamén doutros materiais que van incorporados, pouco a pouco, á lista de materiais básicos cos cales traballar!

Pois todo este mundo de creacións propias, personalizadas e personalizables, elaboradas coas mans de Eva e María, podes coñecelo durante as próximas dúas semanas na exposición que temos en marcha:

 

Título da exposición: ‘Mil ideas’
Técnicas: encadernación, scrapbook, confección, gravado e corte láser, lettering…
Autoras: Eva e María López
Marca: Con un poco de papel
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 11 – 22 de marzo

 

Coñece o seu traballo:
Instagram: @conunpocodepapell

Detalles

Comezo:
Marzo 11
Remate:
Marzo 22
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando