
- Este evento pasou.
Exposición de acrílicos _ Jaqueline Elizabeth
Febreiro 11 - Febreiro 22

Jaqueline quere amosarnos a súa nova colección de acrílicos a través da exposición ‘O Xardín’.
O por que deste título cóntanolo ela mesma:
Nun momento, o xardín pode cambialo todo.
Gozar dunha experiencia que pode transformar o teu estado, a túa visión, o teu sentimento interior é esperanzador.
Un xardín faite ser consciente da beleza que existe na natureza e ver como ese ambiente manifesta un poder sobrenatural capaz de transmitirlle ao teu ser, sensacións do mais agradables, paz, plenitude, felicidade, esperanza, beleza, calor e liberdade. O cheiro do aire envólvete e dáche descanso; o canto dos paxaros elévate a unha dimensión máis alá da linguaxe cotiá. Nel podemos atopar infinitas formas, cores, sabores, marabillosos misterios que poden dar vida…
O xardín é un lugar para gozar, contemplar, descansar, recrear e recibir ese algo especial que non se atopa en ningures. Por iso quixen abordar este tema ata certo punto nos lenzos que podes atopar.
Convídovos a gozar dunha experiencia renovadora.
Pois convite feito para que veñades a desfrutar deste xardín con encanto!
Título da exposición: ‘O Xardín’
Técnica: pintura acrílica
Autora: Jaqueline Elizabeth
Marca: Jaqueline Elizabeth
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 11 – 22 de febreiro