- This event has passed.
Exposición de Con un poco de papel
Xullo 1, 2025 - Xullo 13, 2025

Eva e María son dúas irmás e dúas das cabezas mais inquedas que coñecemos. A súa posibilidade de adaptación para personalizar calquera idea que se che ocorra é inmensa. Traballan o papel —de aí o nome da súa marca—, a madeira, o metacrilato, o téxtil, as técnicas do corte e gravado láser, o gancho, a caligrafía…
Por iso nesta exposición atoparemos pezas téxtiles como complementos para bebés, bixutería, cadernos con variedade de técnicas de encadernación, álbums de scrapbooking, e múltiples produtos para diferentes eventos como aniversarios, bautizos, comuñóns…
Se queres inspiración para o teu evento ven a inspirarte con estas dúas creativas e si buscas cucadiñas, Con un poco de papel é a túa marca de cabeceira.
Actividade: Exposición de Con un poco de papel
Autoras: Eva e María
Marca: Con un poco de papel
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 1 – 12 de xullo
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo destas creativas:
Instagram: @conunpocodepapell



