Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Exposición de ilustración _ Raquel Montero

Xullo 15, 2025 - Xullo 27, 2025

Raquel Montero é unha artista gráfica nada en Cambre. Esta creadora, formada en Belas Artes, especializouse en técnicas como a risografía, a tecedoría,  a applicación téxtil e o modelado manual.

Raquel forma parte do Estudo Boh fundado xunto co ilustrador italiano Simone Virgini, en 2022. Xuntos desenvolven un universo gráfico compartido, inspirado no fantasy e nos contos de fadas. Empregan como sinal de identidade cores brillantes e parten de formas sintéticas. Podemos atopar as súas obras en feiras especializadas de ilustración e autoedición, tanto nacionais como internacionais. Mais agora tes a oportunidade de velos, durante dúas semanas, no noso Mercado.

Nesta exposición poderás ver a súa última serie de tapices feitos coa técnica de appliqué. Son pezas realizadas durante a súa residencia artística en Noruega. Tamén atoparás a obra gráfica propia de Raquel, de Simone e de Boh.

 

Exposición: ‘Natureza híbrida’
Técnicas empregadas: applicación téxtil, risografía, serigrafía, impresión dixital e modelado manual
Autores: Raquel Montero, Simone Virgini e Boh adventures
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 15 – 27 de xullo
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece o seu traballo:
Instagram: @raquelmontero_, @simonevirgini, @boh.adventures

Details

Start:
Xullo 15, 2025
End:
Xullo 27, 2025
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando