Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz

Xullo 29 - Agosto 10

Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz.

“O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería, que entendo como escultura portátil: pezas únicas, feitas á man, que transmiten emoción e personalidade. As obras que expoño nesta mostra están inspiradas no mar e nas formas orgánicas que nel habitan —ondas, corais, movementos fluídos— reinterpretadas desde unha linguaxe contemporánea e persoal.

Cada peza é irrepetible. Traballo en prata e combino distintos acabados —mate, oxidado e branqueado— cunha aplicación moi coidada de pan de ouro de 22 quilates. A colección que presento quere conectar coa esencia do natural e transformar o metal nun elemento vivo.

Durante os días da exposición estarei traballando en directo, amosando o proceso artesanal: a importancia do oficio, a delicadeza do traballo manual e a creatividade que require cada paso. É unha oportunidade para achegar a xoiería de autor á xente, desde dentro, poñendo en valor o feito á man, o tempo e a alma que hai detrás de cada peza.”

Pois xa sabes, atopa o traballo de Sonia na nosa sala de exposicións.

 

Exposición: ‘Esculturas que se levan: xoiería viva en prata e ouro’
Técnicas empregadas: Traballo en prata con técnicas tradicionais de xoiería como segueteado, soldadura, limado, pulido, texturizado e acabados manuais (prata oxidada, mateada e branqueada). Aplicación de folla de pan d’ouro de 22 quilates para acadar efectos de luz e contraste
Autora: Sonia Arnaiz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 xullo – 10 agosto
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece o traballo de Sonia:
Instagram: @sonia_arnaiz

Details

Start:
Xullo 29
End:
Agosto 10
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando