- This event has passed.
Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela
Agosto 12, 2025 - Agosto 24, 2025

‘Galegas’ xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega.
Nesta exposición podes atopar pintura en acuarela que versa sobre estas Cantareiras. Obras orixinais, reproducións, diferentes tamaños de lenzos, e ata reproducións en soporte téxtil como bolsa ou camiseta.
Acompañando ás Cantareiras están outras obras de Cuire Acuarelas que homenaxean a mulleres que forman parte da nosa historia como son: Rosalía de Castro ou As Dúas Marías. Iconas galegas que Sandra representa sobre lenzo e pintando coas acuarelas.
Ten moitas mais obras, pero imos deixar que te sorprendan cando nos fagas a visita á sala de exposicións.
Exposición: ‘Galegas’
Técnicas empregadas: pintura con acuarela
Autora: Sandra Cuiña
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 12 – 24 de agosto
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo de Sandra:
Instagram: @cuireacuarela



