Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve

Agosto 26, 2025 - Setembro 7, 2025

Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns:

«Pintora de profesión, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting, e esa combinación da seda e a la, unha nova linguaxe cargada de textura, espazos e baleiros que non só nos atraen visualmente senón que parecen acariciar o noso corpo e a nosa mirada, cativándonos case hipnoticamente.

Con esta nova maneira de pintar e construír establécese un espazo para crear a través das transparencias, as cores e as texturas, un cosmos cheo de emocións que trasladan, a través da abstracción, a natureza en todo o seu esplendor.»

Ademais do seu traballo pictórico, tamén se poden ver pequenas esculturas de paxaros autóctonos feitos coa técnica do needle felting.

 

Exposición: ‘Wool abstraction
Técnicas empregadas: Nuno felting. La sobre seda.
Autora: María Monsalve
Nome da marca: María Monsalve Studio
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 26 de agosto – 7 de setembro
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece o traballo de María:
Instagram: @mariamonsalvestudio 
Facebook: Monsalve Chico

Details

Start:
Agosto 26, 2025
End:
Setembro 7, 2025
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando