Exposición de Con un poco de papel

Eva e María son dúas irmás e dúas das cabezas mais inquedas que coñecemos. A súa posibilidade de adaptación para personalizar calquera idea que se che ocorra é inmensa. Traballan o papel —de aí o nome da súa marca—, a madeira, o metacrilato, o téxtil, as técnicas do corte e gravado láser, o gancho, a ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Raquel Montero

Raquel Montero é unha artista gráfica nada en Cambre. Esta creadora, formada en Belas Artes, especializouse en técnicas como a risografía, a tecedoría,  a applicación téxtil e o modelado manual. Raquel forma parte do Estudo Boh fundado xunto co ilustrador italiano Simone Virgini, en 2022. Xuntos desenvolven un universo gráfico compartido, inspirado no fantasy e nos ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz

Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz. "O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería, que entendo como escultura portátil: pezas únicas, feitas á man, que transmiten emoción e personalidade. As ... Ler máis

Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela

'Galegas' xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega. Nesta exposición podes atopar ... Ler máis

Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve

Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns: «Pintora de profesión, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting, e ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Komorevi

Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá, Eva Agra (Santiago de Compostela, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel. A igualdade de xénero, a diversidade, a xustiza social, a comunidade e o coidado nos procesos ... Ler máis

Exposición de arte abstracta _ O Teu GUSTO

Bea Barril, interiorista de profesión e vocación, é a deseñadora e creadora das pezas que están baixo a marca: O Teu GUSTO. Desde ben pequeniña, a esta creativa gustáballe “poñer orde e mellorar a estética dos espazos que visitaba e a rodeaban”. Mais tiña que ser aproveitando os elementos que xa había nel, ou recuperando ... Ler máis

Exposición de cerámica _ Piros Heija

Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara, establecida en Compostela dende hai un tempo, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso ... Ler máis

Exposición _ Ruxe design

Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Ana Benito

Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: Ela mesma se nos presenta: “Se me tivese que describir, diría que son bióloga de corazón e xoieira de ... Ler máis

Exposición colectiva _ Mercado Tarado

Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non, minte ou non é artesán/á—, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? Benvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais ... Ler máis

Exposición Mercado Tarado

Despois dun Nadal intenso, no que todos e todas quedamos cun peto algo máis lixeiro, volvemos abrir un dos nosos baúis favoritos: o das pezas especiais, únicas e algo rebeldes. Chega a 2ª edición do 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 💙 Aquí atoparás creacións artesanais que non volven á colección: pezas con un pequeno defectiño, prototipos que non ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando