- This event has passed.
Exposición colectiva _ Mercado Tarado
Novembro 18, 2025 - Novembro 30, 2025

Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non, minte ou non é artesán/á—, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo?
Benvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais e artísticos nos que o prezo, a imperfección e a singular historia durante o proceso de creación, marcan a súa exclusividade!
Esa peza que saíu do forno cunha personalidade tan única e irrepetible que debe seguir o seu propio camiño, fóra da colección.
Ese prototipo ao que lle regalamos tantas e tantas horas da nosa vida e non acabou de satisfacer os nosos egos.
Esa talla que quedou soíña e nos acompaña cada feira coa ilusión do primeiro día por atopar un novo fogar.
Queres coñecer esas peciñas que forman parte da colección privada da/do artista que por mais voltas que lle dea, xamais cumprirán as expectativas do seu maxín creador?
Benvido/a ao marabilloso universo das pezas agochadas das nosas creativas galegas. Abrimos o baúl dos prototipos, das taras, das decepcións infinitas para poñelas á venda. Pezas exclusivas artesanais a prezos de bazar!
Exposición: Mercado Tarado
Obxectivo: aliviar a carga emocional do baúl das taras
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 – 30 de novembro
Horario: 10:30 – 20:30 h



