Loading Events

« All Events

Taller de iniciación ao ecoprint _ Hiar artesanía

Novembro 29 @ 11:00 a.m. - 7:00 p.m.

Unha experiencia creativa para mergullarte na natureza e descubrir como follas e flores poden quedar plasmadas para sempre nun tecido de seda.
Neste obradoiro de iniciación entrarás no universo do ecoprint, aprendendo as bases desta técnica de estampaxe botánica e creando unha peza única en seda que gardará para sempre a beleza efémera dos campos de Galicia.

🌿 Durante o obradoiro:
· Introdución ao ecoprint: que é e como funciona.
· Recoñecer follas e flores que serven para estampar. No taller usaremos frescas e tamén prensadas doutras estacións.
· Tempo libre para compoñer o teu propio deseño sobre pano de seda.
· Ao mediodía farase a cocción ao vapor para que pola tarde poidas descubrir o deseño botánico que creaches no teu pano de seda.
· Lavamos e pasamos o ferro.
· Entrega do pano coa explicación da técnica empregada.

 

𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨 𝐞𝐜𝐨𝐩𝐫𝐢𝐧𝐭
Marca: @hiar_artesania
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 de novembro
Horario: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 19:00 h
Prezo: 120 €

 

Merca o teu taller aquí Mercar

Este obradoiro é para quen busca unha experiencia creativa sen necesidade de experiencia previa. Só fai falta estar presente, compoñer con calma… e deixar que a natureza complete a obra.

Details

Date:
Novembro 29
Time:
11:00 a.m. - 7:00 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando