Taller de encadernación _ María Ramírez
Novembro 8 @ 11:00 a.m. - Novembro 22 @ 2:00 p.m.

María Ramírez imparte a súa V edición de taller de encadernación para que te leves a túa libreta personalizada.
Neste obradoiro aprenderemos a coser con cadeneta, a facer unha encadernación con tapa dura, a dourar os cantos do noso caderno e a decoralo co deseño que nós elixamos debuxándoo co lapis térmico.
En imaxes deixamos algún exemplo de libretiñas feitas noutros talleres.
Queres vir facer a túa? Toma nota:
𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐝𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧
Marca: @afaceria
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 8 / 15 / 22 de novembro
Horario: 11:00 – 14:00 h
Prezo: 85 €
Merca o teu taller aquí: Mercar





